Uso dos aparcamentos

De acordo coas normas de convivencia aprobadas pola xunta xeral da comunidade, cada vivenda ten dereito a aparcar un coche nos aparcamentos da comunidade, ata completar a capacidade. Este dereito pódese ceder pola persoa titular a outras persoas, co límite sinalado dun só vehículo por vivenda. Recentemente alguén deixou notas anónimas, baixo o seu criterio …

Normas de convivencia

Estas normas aprobounas a xunta xeral de propietari@s e constitúen a referencia para mantermos a boa veciñanza. Calquera persoa pode realizar suxestións para as modificar. Os cambios someteríanse á aprobación da maioría. https://vivendasaviacion.com/wp-content/uploads/2023/09/Normas-de-convivencia-Aviacion-Civil.pdf

Acceso a internet no portal 28

No portal 28 existe un problema de acceso a internet. Debido a que no seu momento non se realizou a conexión con, polo menos, unha vivenda, resulta agora difícil atopar a canalización. En principio, a empresa que se encargou da reparación da envolvente técnica deixou preparada unha vía para levar o servizo a todas as …

Reparación da pintura das fachadas.

Os traballos de reposición da pintura non se iniciaron en agosto.O luns, 4 de setembro, o responsable de Baumit en Galicia xustificouse por atrasos coa empresa subcontratada que se vai encargar deles.Trasladamos a incicencia á delegación de Baumit en Madrid, que respondeu que lla pasan ás persoas responsables do tema.