Relación de asuntos pendentes o 08/07/2024
Benvida
Benvidas á páxina da Comunidade de Propietarios de Aviación Civil
Demanda pola degradación da pintura das fachadas
O Xulgado de 1ª Instancia 11 de Xixón fixou para a Audiencia Previa o próximo 21/10/2025. Comparecerán o avogado e o procurador da comunidade. n.-Dilig señala A.PreviaDescarga
Consumo da calefacción
Ofrecemos un cadro co consumo da calefacción nos últimos catorce meses. Polas horas de funcionamento podemos comprobar os cambios de horario e os consumos medios diarios, en función do tempo no que activamos o sistema.
Horario da calefacción: de 18 a 24 h
Desde o 3 de xaneiro, o horario da calefacción queda de 18 a 24 h. Se algunha persoa desexa que se modifique, pode deixar a súa proposta nos comentarios, para que a valore a xunta directiva. Por suposto, as solicitudes colectivas teñen máis posibilidades de prosperar.
Pintura das fachadas
Admitida a trámite a nosa demanda no Xulgado de 1ª Instancia núm. 11 de Gijón.
Reparación no garaxe do edificio en L
Remataron as obras de reparación do garaxe do edificio en L. A cuestión alongouse moito máis do desexable debido ás dificultades de atopar unha empresa que se fixese cargo. Desde a directiva sentimos os inconvenientes que puido ocasionar a demora.
Avaría na calefacción
Durante algunha das pasadas noites, a calefacción permaneceu en funcionamento as 24 horas. Isto debeuse a unha avaría nunha válvula, que xa resolveu o técnico.
Comezo da calefacción
A calefacción comezará o mércores, 1 de novembro. Poderá adiantarse se houbese a previsión dunha baixada importante das temperaturas. Horario inicial: 12 a 22 h.
Reparación da pintura das fachadas
O representante de Baumit para Galicia pasounos os datos da persoa que se vai encargar das obras: JOSÉ ANTONIO BARREIRO IGLESIASCIF 35304973LLg/ A Grela, Marín 36915 Pontevedra
Pintura das fachadas
A empresa solicitou da directiva a conformidade para empezar os traballos. Por consello do asesor xurídico, solicitamos que se nos facilitase o nome da empresa que se ía encargar a renovación da pintura. O responsable de Baumit quedou o xoves, 4 de outubro, en facilitarnos os datos (nome, enderezo e CIF), pero non o fixo. …