Uso dos aparcamentos

De acordo coas normas de convivencia aprobadas pola xunta xeral da comunidade, cada vivenda ten dereito a aparcar un coche nos aparcamentos da comunidade, ata completar a capacidade.

Este dereito pódese ceder pola persoa titular a outras persoas, co límite sinalado dun só vehículo por vivenda.

Recentemente alguén deixou notas anónimas, baixo o seu criterio particular, que, pola reiteración, resultaron especialmente molestas para outras persoas que exercían correctamente os seus dereitos.

Debido a isto, solicitamos que quen queira realizar accións deste tipo comprobe antes se resultan correctas segundo as normas de convivencia, que poden consultarse na web da comunidade:

vivendasaviacion.com

Así mesmo, consideramos que as notas anónimas degradan a convivencia, polo que recomendamos, se se quere dicir algo, que se faga co nome e algún xeito de contacto, ou ben a través do equipo directivo.

28/9/2023 – A xunta directiva

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 5 =