Horario da calefacción: de 18 a 24 h

Desde o 3 de xaneiro, o horario da calefacción queda de 18 a 24 h. Se algunha persoa desexa que se modifique, pode deixar a súa proposta nos comentarios, para que a valore a xunta directiva.

Por suposto, as solicitudes colectivas teñen máis posibilidades de prosperar.

Únete a la conversación

12 comentarios

  1. Buenas tardes! El horario nuevo de calefaccion es muy corto, las seis de la tarde en pleno mes de febrero es muy tarde. Sobretodo para los bloques que estamos más alejados de la caldera. Debería ser de media mañana a 12h. Aunque no sé por qué no se pone las 24h. habiendo hecho una gran inversión en una caldera nueva y la instalación de contadores individuales para poder gestionar cada vivienda la calefacción.

    1. Boa noite, Eva.
      Na directiva estamos debatendo a ampliación do horario.
      Explícolle tamén algo respecto do que expresa:
      Cando cambiamos a caldeira, estableceuse un funcionamento continuo, de 24 horas ao día, durante os meses fríos. Moi pouco despois, reduciuse, porque resultaba un consumo excesivo.
      Na última xunta xeral tratamos o tema, e saíu por maioría activar a caldeira de 16 a 22 h, por motivos de consumo, co seu correlato na factura e no impacto ecolóxico que xeramos.
      Tamén temos en conta que unha vivenda a 21ºC pola noite raramente baixa dos 19 antes de que volva acenderse a calefacción.
      Polo que respecta á distancia á caldeira, polo que puidemos comprobar, non afecta no rendemento, dado que as conduccións están ben illadas e non teñen perdas de calor significativas, que reduzan a capacidade calorífica no destino.
      De todos os xeitos, agora tratámolo na directiva, de acordo coas atribucións que nos coferiu a xunta xeral, e cando remate o exercicio volveremos pulsar a opinión de todas as persoas propietarias.
      Un saúdo cordial.

  2. Buenas tardes Carlos!
    Como tú dices en la última Xunta Xeral se acordó por mayoría el horario de calefacción de 16 a 22h. Y en qué Xunta Xeral se acordó por mayoría el poner como horario de calefacción de 18 a 22h?
    Un Saludo

    1. Na mesma, Eva: autorizouse á directiva a modificar o horario de acordo coas circunstancias.
      Neste caso, tivemos en conta que as horas de sol aumentan e pareceunos que ten máis sentido manter activa a calefacción pola noite ca pola tarde.
      Pero todo pode revisarse.

  3. O consumo da caldeira, dito por profesionais, e moi reducido, consume moi pouco
    Cando mais consumeu, foi no Nadal, loxico pois estabamos nas vivendas a maioria dos comuneros, e a mais, facía un frío de moito coidado.

  4. O cambio de horario decidiuse hay máis de dez anos, Susi, co anterior presidente. El espuxera nunha xunta xeral que resultaba moi caro manter a caldeira as 24 horas.
    Comprobar, non o comprobamos nesta directiva, pero podemos facelo.
    Proporemos, para a próxima tempada de frío, que se poña a calefacción en horario continuo durante uns días, e vemos a diferenza de consumo coa programación actual.
    Na directiva sentimos moito as molestias, pero actuamos de acordo co decidido por unha ampla maioría.

  5. Buenos días, Carlos!
    Ya que dices que el horario se puede revisar, porfavor revísalo. En todas las viviendas no tenemos el mismo horario de vida, hay enfermos, niños y personas muy mayores que no tienen que estar en su casa pasando frío en pleno invierno o gastando electricidad en radiadores a mayores del elevado coste de este sistema de calefacción para poder tener un hogar confortable por el que trabajaron toda su vida incluso constituyendo esta comunidad de viviendas para tenerlo. Gracias, Un Saludo

    1. Xa o revisamos, Eva. Tivemos un debate na directiva sobre o tema, pero decidimos manter as cousas como están. Non vemos que haxa tanta demanda para ampliar á mañá o tempo de funcionamento da calefacción. En total pedídelo tres propietarias dun total de 68.
      Insisto en que, polo menos na miña casa e noutras que consultamos, a temperatura mantense moi ben.

  6. Insisto, Carlos, en mi edificio estamos todos congelados. No conozco ninguna comunidad que enciendan la calefacción a las 18 de la tarde en pleno invierno,esto ni en los Orfanatos!!.Por lo menos volver a ponerla a las 16h como estaba hasta ahora
    Saludos

    1. Eva, cambiamos o horario porque tivemos peticións. Pareceunos razoável, se pola tarde hai máis temperatura exterior e máis sol, cambiar a cando baixa a temperatura e xa escureceu. Se cambiamos, temos as peticións no outro sentido, polo que, como xa o acordamos na directiva, vai quedar como está. Sinto moito non compracer a todo o mundo, pero paréceme imposible.

    1. Dou por pechado o tema. Sinto moito que non vos satisfaga a solución, pero creo que as posturas xa están claras, e tamén os argumentos, equivocados ou non, da directiva.
      Conto con convocar a xunta xeral para finais de maio ou principios de xuño, e aí podemos axustar máis as cousas, conforme o que decida a maioría.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 + siete =