De acordo coas normas de convivencia aprobadas pola xunta xeral da comunidade, cada vivenda ten dereito a aparcar un coche nos aparcamentos da comunidade, ata completar a capacidade. Este dereito pódese ceder pola persoa titular a outras persoas, co límite sinalado dun só vehículo por vivenda. Recentemente alguén deixou notas anónimas, baixo o seu criterio …
Normas de convivencia
Estas normas aprobounas a xunta xeral de propietari@s e constitúen a referencia para mantermos a boa veciñanza. Calquera persoa pode realizar suxestións para as modificar. Os cambios someteríanse á aprobación da maioría. https://vivendasaviacion.com/wp-content/uploads/2023/09/Normas-de-convivencia-Aviacion-Civil.pdf
Acceso a internet no portal 28
No portal 28 existe un problema de acceso a internet. Debido a que no seu momento non se realizou a conexión con, polo menos, unha vivenda, resulta agora difícil atopar a canalización. En principio, a empresa que se encargou da reparación da envolvente técnica deixou preparada unha vía para levar o servizo a todas as …
Reparada a fuga de auga no garaxe
O luns, 11 de setembro, quedou reparada a fuga de auga no garaxe da entrada. Queda que veña un albanel para reparar o falso teito, que resultou moi afectado.
Comezo incerto na pintura das fachadas
Esta mañá o representante de Baumit en Galicia comuniou telefonicamente que está considerando a posibilidade de cambiar de empresa subcontratista para atender a garantía da pintura das fachadas. Indicou tamén que ten o material no almacén, á espera de conseguir que alguén faga o traballo.
Rotura baixante no garaxe
A baixante do garaxe da entrada vai substituírse en canto poida o fontaneiro.
Reparación da pintura das fachadas.
Os traballos de reposición da pintura non se iniciaron en agosto.O luns, 4 de setembro, o responsable de Baumit en Galicia xustificouse por atrasos coa empresa subcontratada que se vai encargar deles.Trasladamos a incicencia á delegación de Baumit en Madrid, que respondeu que lla pasan ás persoas responsables do tema.
Data de inicio da renovación da pintura defectuosa das fachadas.
Hoxe, nunha conversa telefónica, o responsable de Baumit comunicou que a empresa encargada dos traballos comezará a os executar a partir do 15 de agosto próximo.
Reparación da pintura das fachadas
Na xuntanza mantida pola arquitecta que dirixiu as obras de reparación da envolvente térmica dos edificios, o representante da empresa Baumit e o presidente da comunidade, a empresa compromoteuse a realizar unha limpeza das fachadas, retirar a pintura defectuosa e pintar de novo cun produto con base de silicona.Os traballos, segundo o manifestado polo representante …
Benvida
Benvidas á páxina da Comunidade de Propietarios de Aviación Civil