Na xuntanza mantida pola arquitecta que dirixiu as obras de reparación da envolvente térmica dos edificios, o representante da empresa Baumit e o presidente da comunidade, a empresa compromoteuse a realizar unha limpeza das fachadas, retirar a pintura defectuosa e pintar de novo cun produto con base de silicona.
Os traballos, segundo o manifestado polo representante de Baumit, comezarán no próximo mes de agosto e durarán arredor de dous meses.
Durante os traballos restrinxirase puntualmente o tráfico de vehículos nos garaxes, aínda que se procurará que se manteña no horario no que non se estea executando a reparación.
Asi mesmo, durante a fase de pintura, as ventás permanecerán seladas cun plástico transparente, polo que non se poderán abrir. Estímase que permanezan así dous ou tres días como máximo.